En Rubiá somos iguais

As nenas e nenos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá levaron cadanseu libro dos Bolechas sobre a igualdade cuxa historia se localiza neste municipio ourensán.


26 de decembro de 2019



En Rubiá celebraron o 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cos Bolechas. Concretamente coa nova historia de Pepe Carreiro que se localiza neste municipio. O alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño achegouse ata a casa do Concello e alí o departamento de Servizos Socias entregoulles a cada neno un libro dos Bolechas que leva por título En Rubiá somos iguais. Unha bonita forma de fomentar a igualdade dende idades temperás, da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro. No acto, ademais de entregarse os libros ás nenas e nenos do colexio, falouse de igualdade e leuse o libro destinado a fomentar a educación en valores e especialmente a igualdade de xénero.









Arquivos



PHP Warning: getimagesize(imaxes/Novas/360/): failed to open stream: No such file or directory in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\PanelAdmin\functions.php on line 579