Imos ao Culturgal

Este sábado, 3 de decembro, Os Bolechas visitarán Culturgal, no pazo da Cultura de Pontevedra. Pero o venres xa andará por alí Braulio Bolechas, que asistirá á presentación dunha nova APP infantil da CRTVG.


29 de novembro de 2016



Este venres Braulio Bolechas asistirá á presentación da nova APP “Xabarín TVG” que permite ver os debuxos animados en galego en streaming por wifi ou 3G. Será ás 12:30 h no Recinto Ferial de Pontevedra, onde se desenvolve esta fin de semana o Culturgal.

E o sábado todos os Bolechas visitará a Feira das Industrias Culturais. A partir das 17:30 h estarán no stand da Xunta de Galicia, onde Uxía e Magín Blanco presentarán o videoclip “A Cidade” sobre un poema de Manuel María. Os Bolechas aproveitarán para saudar a todas as cativas e cativos que o desexen e despois visitarán os expositores instalados no recinto feiral.

Vémonos no Culturgal!









Arquivos