Os Bolechas sortean 80 entradas en Facebook para os “BrincaBolechas. Circo de Nadal”

Os Bolechas sortean na súa páxina de Facebook 80 entradas para os oito espectáculos de BrincaBolechas que terán lugar estas datas de Nadal. Para participar tan só hai que ser fan dos Bolechas e cubrir o formulario que se atopará en Facebook para cada unha das vilas. 




Hoxe, 18 de decembro, ponse en marcha unha nova promoción na páxina de Facebook dos Bolechas que permitirá a 80 persoas acudir de xeito gratuíto aos espectáculos “BrincaBolechas. Circo de Nadal” que terán lugar nas próximas semanas por toda Galicia. 

Para participar tan só hai que entrar na pestana “Sorteo entradas Brincabolechas” que atoparedes na páxina de Facebook e buscar a vila que interese das oito nas que estará BrincaBolechas: Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lalín e Vilagarcía de Arousa.

Unha vez na promoción que nos interesa, tan só é preciso encher o formulario que veredes e contestar á pregunta que se fai. Tamén tedes aí toda a información sobre os prazos, tanto de participación como de comunicación de gañadores.

En cada vila repartiranse cinco invitacións dobles, é dicir, cada premiado recibirá dúas entradas. Os gañadores recibirán un correo electrónico na dirección facilitada ao cubrir o formulario do concurso comunicándolles que resultaron premiados, así coma un código que terán que confirmar no teléfono 902 504 500 antes da data indicada no sorteo, ou perderán a súa invitación.

Todas as bases de participación están na propia aplicación de Facebook.

Apurade, que se esgotan!!









Arquivos