Si á igualdade no concello de Viveiro

Esta mañá presentouse en Viveiro unha nova guía dos Bolechas que servirá para dar a coñecer o concello pero tamén a igualdade, como valor esencial da convivencia.


20 de novembro de 2019



Os Bolechas van a Viveiro. Si á igualdade, non á violencia. Este é o título da nova guía Bolechas que hoxe se presentou en Viveiro. A iniciativa enmárcase na campaña “En negro contra as violencias” posta en marcha con motivo do 25-N, o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presentou o novo libro dos Bolechas com a mellor forma de unir a “todas as forzas sociais” e chegar “a menores de infantil e primaria, sobre todo a través dos colexios e da biblioteca”. Para iso o concello editou 1.500 exemplares do conto que narra a estadía dos Bolechas en Viveiro, a onde van convidados pola súa amiga Xistral, que quere falar de igualdade e doutros temas importantes. Así que reúnense no teatro Pastor Díaz, e alí celebran unha xuntanza do máis interesante…

 









Arquivos



PHP Warning: getimagesize(imaxes/Novas/354/): failed to open stream: No such file or directory in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\PanelAdmin\functions.php on line 579