Os Bolechas no teu móbil

Xa está dispoñible a páxina web dos Bolechas para ver en dispositivos móbiles. Deste xeito será moito máis doado acceder desde calquera lugar e en todo momento á información dos Bolechas. 




A web dos Bolechas xa está adaptada e dispoñible para ser consultada a través de dispositivos móbiles onde a funcionalidade é clave. Para iso a páxina foi optimizada para ofrecer un formato compatible con teléfonos móbiles que permite acceder ao contido da web de forma moito máis doada e cómoda.

A través dunha sinxela páxina inicial o usuario pode acceder, a través de varias pestanas, aos servizos que ofrece a web. Inicialmente están dispoñibles as seccións de “novas” e “únete ao Club!”, que permitirán aos fans dos Bolechas consultar toda a actualidade dos seus personaxes favoritos e rexistrarse no seu club para gozar das vantaxes que isto ofrece. Ademais pode acceder directamente ás redes sociais Facebook, Twitter e Youtube.

A estrutura da páxina permite unha navegación máis fácil nunha pantalla máis pequena. A versión móbil está dispoñible para todo tipo de dispositivos e o contido axustarase automaticamente ao tamaño da pantalla do dispositivo que se estea a usar.

Deste xeito continuamos traballando para estar o máis cerca posible dos nosos amigos e  mantervos informados en todo momento de forma fácil e rápida. 









Arquivos