Os Bolechas regalan máis de cen libros

Os Bolechas continúan de festa. Despois de compartir este Entroido con todos vós na TVG, os irmáns Bolechas queren seguir en contacto con todos os seus seguidores e para iso botan man das redes sociais, onde xa contan con perfís en Facebook, Tuenti e Twitter. 




Deste xeito todos os fans dos Bolechas poden seguir as súas aventuras e novidades e participar en numerosas promocións e sorteos, como o que está en marcha actualmente e que repartirá máis dun cento de libros entre todos os participantes.

Para gañar un deles, só hai que darlle ao “Gústame” en Facebook, facerse amigo no Tuenti ou seguir aos Bolechas en Twitter. O prazo remata este venres, 24 de febreiro, ás 12.00 horas. Así de sinxelo é gañar un fantástico libro dos Bolechas!

Os nomes dos premiados daranse a coñecer nesta páxina web e nas redes sociais o venres ás 17.00 horas e os gañadores deberán poñerse en contacto no e-mail osbolechas@osbolechas.com para dar os seus datos e poder recibir o premio.

Animádevos a participar e celebrade connosco o Entroido!









Arquivos