Nova guía dos Bolechas no concello de Cervo

Este sábado, ás 20:00 h, preséntase na Casa da Cultura de San Cribao Os Bolechas van a Cervo, a nova guía de Pepe Carreiro sobre o municipio. O acto terá lugar con motivo da obra de teatro do grupo Pimpim, que ten un especial protagonismo no libro.


15 de xuño de 2016



Precisamente a historia deste novo conto dos Bolechas comeza coa visita dos irmáns á súa amiga Candea, unha veciña de Cervo que vai estrear unha obra co seu grupo de teatro, Pimpim. A rapariga vai facer de cerva e o disfrace é tan bo que todos a confunden cunha cerva de verdade. Ata os propios cervos! E iso vai provocar algún que outro problema aos cativos.

Deste xeito, a través dunha divertida historia, as nenas e nenos coñecerán moitas cousas do seu concello e verán os seus personaxes favoritos percorrer moitos dos lugares máis significativos do seu municipio, como a fábrica de Sargadelos, o paseo dos Namorados, o faro de San Cibrao, o río Xunco ou as magníficas praias de Cervo.

O conto será presentado este sábado, 18 de xuño, ás 20:00 h, na Casa da Cultura de San Cibrao con motivo da obra de teatro que porá en escena o grupo municipal de teatro infantil de Cervo, Pimpim, ao que pertence a coprotagonista do libro.  









Arquivos