Os Bolechas ensinan a Reducir, Reutilizar e Reciclar

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sogama, botou man novamente dos Bolechas para explicarlle aos máis novos a importancia dos TRES ERRES: Reducir, Reutilizar e Reciclar. A través dun divertido vídeo, os irmáns Bolechas aprenden –e ensinan– por que é importante unha xestión sostible do lixo e como levala a cabo.


18 de xaneiro de 2017



Os Bolechas volven colaborar nunha das propostas educativas da Sociedade Galega do Medio Ambiente. Nesta ocasión tratamos de explicar as razóns polas que todas e todos debemos involucrarnos de cheo na xestión sostible do lixo, prestando especial atención á redución, á reutilización e á separación de desperdicios por tipoloxías para facilitar o seu posterior reciclado.

É o que se coñece como Os tres erres, título do microespazo dos Bolechas que pode verse no apartado de recursos educativos da páxina web de Sogama. O vídeo recrea un concurso no que participan os irmáns Bolechas, que deben demostrar os seus coñecementos sobre xestión sostible do lixo e por que é tan importante para o planeta logralo. Ademais danse moitos consellos para pór en práctica cada día eses tres erres.

Queredes velo? Pois entrade na web de Sogamawww.sogama.es/gl/info/os-tres-erres

 

 









Arquivos