Os Bolechas fomentan a igualdade no Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras vén de presentar unha nova guía dos Bolechas destinada a divulgar entre as novas xeracións a igualdade e prevención da violencia de xénero. Para iso contan coa axuda de Amaro, un neno valdeorrés que sabe moito disto.

 


20 de xuño de 2019



Os Bolechas co bo trato e a igualdade no Barco de Valdeorras é o título da nova guía que vén de presentarse no concello e que servirá para fomentar as relacións igualitarias entre a cativada. Este é o obxectivo da nova publicación na que, de forma sinxela e adaptada ás primeiras idades, se explican conceptos como o respecto, a igualdade, a empatía, a amizade ou as diferentes emocións que sentimos as persoas.

Para iso os Bolechas contarán coa a xuda de Amaro, un neno valdeorrés con moitas amigas e amigos. Con eles, ademais de aprender moitas cousas sobre si mesmos, coñecerán o fermoso municipio ourensán formado por 14 parroquias e fronteirizo coa impresionante serra do Courel. Un lugar fantástico para visitar e aprender!









Arquivos



PHP Warning: getimagesize(imaxes/Novas/348/): failed to open stream: No such file or directory in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\PanelAdmin\functions.php on line 579