Coñecedes a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal?

Os Bolechas estiveron onte en Valença presentando, coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, un novo libro destinado a pór en valor a Eurorrexión entre a cativada.


09 de maio de 2019



No acto de presentación, que tivo lugar en Valença, participaron o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, e a subdirectora da mesma entidade, Graça Fonseca.

A edición da nova guía, Os Bolechas. Entre Galicia e o Norte de Portugal, está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ao longo do libro móstranse diversos lugares, a ambos lados da fronteira, dunha forma didáctica e adaptada aos intereses dos lectores máis novos, de forma que coñezan a riqueza histórica, natural e patrimonial deste territorio.









Arquivos