Roque xa ten a súa bici

Roque Yáñez González recolleu a súa bicicleta BTwin infantil, que gañou no sorteo realizado a pasada Semana Santa nas redes sociais entre todos aqueles que atoparon a Carlos, que escapara da cabeceira da web dos Bolechas.




Finalmente Roque atopouno nun dos debuxos da sección “Colorear”, no apartado de “Xogos” e enviou a súa resposta, que entrou no sorteo xunto con todos os demais nenos e nenas que atinaron a atopar ao maior dos irmáns Bolechas.

Roque foi o afortunado gañador e esta tarde recibiu o seu agasallo nada menos que de mans do propio Carlos Bolechas, que non quixo perder a oportunidade de saudar ao seu pequeno fan e a súa familia. Esperamos que todos o pasen moi ben co seu regalo e sigan as aventuras dos Bolechas que pronto terán máis novidades.          









Arquivos