"Os Bolechas no camiño da igualdade en Gondomar"

Este venres 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, presentamos o libro Os Bolechas no camiño da igualdade en Gondomar. Será ás 18:00 h no Auditorio Lois Tobío e estarán os Bolechas e Pepe Carreiro. 


22 de novembro de 2016



Este venres, como cada 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data que os Bolechas celebrarán no concello de Gondomar presentando o seu novo título, Os Bolechas no camiño da igualdade en Gondomar, no que xustamente se trata o tema da igualdade desde o punto de vista dos máis pequenos.

A presentación terá lugar ás 18:00 h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar. Estarán os Bolechas corpóreos –que farán un pasacalles desde o Auditorio ata o Concello– e tamén o autor do libro, Pepe Carreiro, que asinará exemplares do libro aos presentes. E, ao rematar, sobre as 19:30 h, todos os presentes trasladaranse ata o Concello para acender as luces de Nadal

Os Bolechas no camiño da igualdade en Gondomar

Este novo título narra unha visita dos Bolechas a Gondomar, onde merendan con nenas e nenos de todas as parroquias do municipio. E, entre petisco e petisco, póñense a falar de se hai cousas que son só de nenas e outras que son só de nenos. A leria é animadísima e todos chegan a unha clara conclusión. 









Arquivos