Os Bolechas celebran o Día Mundial da Criança en Portugal

Os Bolechas volven a Estarreja este domingo 31 de maio para celebrar o Día Mundial da Criança. Nesta ocasión levarán o seu autobús de dous pisos con ludotecas, sala de cine e talleres para toda a familia.


26 de maio de 2015



Este domingo, 31 de maio, con motivo do Día Mundial da Criança, Os Bolechas visitarán o municipio de Estarreja, en Portugal, onde xa estiveran hai uns días presentando o novo título publcado por MEL EditoresOs Bochechas visitam Estarreja, na Feira do Libro e da Música.

Os seis irmáns, acompañados coma sempre do seu can, Chispa, estarán a partir das 10:00 h no Parque Municipal do Antuã e Multiusos co seu espectacular autobús de dous pisos cheo de actividades para os máis pequenos. Todas as nenas e nenos que se acheguen ata alí poderán gozar das actividades da ludotecas e da sala de cine do autobús dos Bolechas, ademais de multitude de talleres de pintura e decoración, tiro con arco, pinturas faciais, bolas xigantes, hinchables, mini trampolíns etc.

Deste xeito as nenas e nenos poderán ver e divertirse de novo cos protagonistas da serie coñecida alí como Os Bochechas, que emite a RTP diariamente no programa Zig Zag e que está a ser todo un éxito no país.









Arquivos