Este domingo, 20 de xullo, Os Bolechas viaxarán ata Ribadeo que esta fin de semana retoma a Feira do Libro que levaba dúas décadas sen celebrarse.
O Concello, en colaboración coa agrupación cultural Francisco Lanza e a Federación de Libreiros de Galicia, lograron recuperar esta iniciativa que pretende dinamizar a lectura, sobre todo entre os máis pequenos.
E ninguén mellor para iso que Os Bolechas, que estarán no parque de San Francisco a partir das 12.00 h co R4 e con toda a animación que caracteriza as saídas dos irmáns creados por Pepe Carreiro.