Os Bolechas estarán en Porto do Son este Nadal

Os Bolechas estarán o 29 de decembro en Porto do Son. Os seis irmáns e o seu cadelo percorrerán as rúas da vila e participarán nun karaoke con todos os amigos que se acheguen á Praza de España. 


17 de decembro de 2013



O último domingo do ano, o 29 de decembro, os populares irmáns Bolechas visitarán Porto do Son. A partir das 17.00 horas os seis irmáns mais o seu cadelo, Chispa, percorrerán a vila xunto co seu peculiar coche, saudando a todos os que se atopen. O pasacalles percorrerá a Praza de España, Camiño Novo, A Roda, Atalaia, Trincherpe e a avenida de Galicia.

E na Praza de España haberá unha carpa cuberta onde estará parte do noso Universo Bolechas, como o karaoke coas cancións máis coñecidas e o panel fotográfico, onde se poderá sacar fotos cos Bolechas en diversas situacións e recibilas despois por correo electrónico. Un recordo para toda a vida deste momento. 

Esperámosvos a todos o 29 de decembro en Porto do Son. NON FALTEDES!!









Arquivos