Dispoñibles os novos libros dos Bolechas… con peluche de agasallo!

O libro de… Carlos, Braulio, Pili, Loli, Sonia, Tatá e Chispa. Son os sete novos títulos dos Bolechas destinados a coñecer mellor a cada un dos personaxes. E cada libro vai acompañado dun peluche do personaxe que presenta!


10 de decembro de 2015



Para coñecer mellor os irmáns Bolechas, Pepe Carreiro vén de crear unha colección de libros sobre cada un dos personaxes principais. Son sete títulos dos que tres están xa á venda nas librarías e na Tenda dos Bolechas, a tenda online que abrimos a semana pasada para ofrecer a todas as seguidoras e seguidores os libros dos Bolechas e outros produtos dos seus personaxes favoritos.

Tres títulos xa á venda

Editados por Bolanda, os novos títulos dispoñibles xa á venda son: O libro de Carlos, O libro de Tatá e O libro de Chispa. Proximamente a colección irá completándose co resto dos irmáns. Os libros, de tapas duras e gran formato, serven para dar a coñecer a cada un dos personaxes principais da familia Bolechas.

Canto pesan e miden, que número calzan, onde dormen, cal é a súa comida favorita, como é o seu cepillo de dentes ou como eran de bebés, son algunhas das respostas que atoparedes en cada un dos libros, que están á venda ao prezo de 17 euros, incluído o peluche do personaxe protagonista. 

Dispoñibles na Tenda dos Bolechas

A Tenda dos Bolechas ten xa á venda os novos títulos na sección de libros, onde tamén están os tomos dispoñibles da Biblioteca Básica, os libros de Formato Clásico e outras publicacións dos Bolechas, como guías, o libro-disco ou o curso de inglés, entre outros. A tenda conta, ademais, con outras dúas seccións: accesorios e cuncas, cos que tratamos de dar resposta ás múltiples peticións dos milleiros de seguidores dos Bolechas por poder facerse con produtos da popular familia.

Tanto a compra como o pago son moi fáciles e intuitivos, aínda que en todo momento hai teléfono e email para contactar en caso de dúbida. Ademais, A Tenda dos Bolechas cumpre os máis altos estándares de seguridade de compras en Internet e permite pagar por transferencia bancaria, tarxeta de débito e crédito ou a través da plataforma Paypal.

Os pedidos recíbense no prazo de 3 a 5 días laborables para toda a península así como as illas Canarias e Baleares, Ceuta e Melilla. A web inclúe unha área destinada a clientes onde poder ver as compras realizadas, seguir o estado do envío, facer diversos trámites e mesmo ver os vales desconto. 









Arquivos