Tras rematar o primeiro mes da nova actividade dos Bolechas para o programa de dinamización lingüística FalaRedes 2016, realizáronse os sorteos correspondentes ás funcións realizadas: un total de 12. Por tanto xa temos os primeiros gañadores dos lotes de libros dos Bolechas.
Ao igual que en anos anteriores, a actividade dos Bolechas para o programa FalaRedes 2016 da Secretaría Xeral de Política Lingüística inclúe un sorteo de libros por cada función realizada. Este mes de maio Os Bolechas van ás Olimpíadas visitou 12 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), polo que se realizaron 12 sorteos. Catro dos gañadores non deron coa palabra clave, así que levan un lote de libros, mentres que oito dos premiados si cubriron correctamente ese espazo e recibirán nos seus domicilios… 10 libros dos Bolechas!
Os afortunados con 2 lotes de libros son:
• Xela, de Boqueixón - 2 anos • Ainara,de Moraña - 5 anos • Joel, de Dodro - 5 anos • Diego, de Vedra - 7 anos • Enma, de Barro - 1 ano • Icía, de Vigo - 3 anos • Lucía, da Cañiza - 6 anos • Mauro, da Rúa - 6 anos
Os afortunados cun lote de libros son: • Luis, de Sarria - 7 anos • Mariña, de Caldas de Reis - 6 anos • Gabriela, da Laracha - 3 anos • Noelia, de Valdoviño - 3 anos
Parabéns a todas e a todos os gañadores. E os que non resultaron premiados neste sorteo… a seguir intentándoo, que haberá máis sorteos e máis premios a finais deste mes!
E non esquezades consultar no web dos Bolechas Olímpicos as próximas citas!