Os Bolechas van á peixaría da nai da súa amiga Carmiña. Van buscar peixe para o xantar e, de paso, aprenden moitas cousas coa nena sobre o peixe e sobre a saúde. Un novo título dos Bolechas que será distribuído en colexios e bibliotecas.
Nos próximos días comezará a distribuírse en todos os centros educativos de infantil e primaria de Galicia, así como nas bibliotecas públicas, o novo título dos Bolechas para a o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Consellería do Mar e a organización de produtores OPPF-4 ARVI.
Co título Os Bolechas van á peixaría, o novo libro de Pepe Carreiro relata unha aventura dos populares irmáns na peixaría da nai da súa amiga Carmiña, que sabe moitísimo de peixes. E non para de falar sobre eles!
Carmiña explícalles que o peixe é moi bo para a saúde, e debemos comelo tres ou catro veces por semana. Pódese variar moito, porque nas nosas peixarías hai moitísima variedade. E moitas formas de comelo! A súa nai faino cocido, guisado, á prancha, rebozado, en croquetas, en escabeche, en salpicón…
Aos BOlechas xa se lles está facendo a boca auga e van ter que ir preparar algún peixe destes tan saborosos…