Os Bolechas viaxan 'Da Escola á Granxa' en Lugo

A familia participa na segunda edición deste programa educativo que pretende fomentar a educación ambiental entre o alumnado lucense


24 de maio de 2023



"Os Bolechas da Escola á granxa" é o novo título que se suma á colección con motivo da II edición do programa de emprendemento no rural 'Da Granxa á Escola', impulsado pola Deputación de Lugo. Durante o acto de visita das Anpas, presentado pola deputada de Medio Rural Mónica Freire, repartíronse exemplares dos Bolechas cos que os cativos poderán coñecer as premisas deste programa educativo a través das aventuras desta familia.

Esta nova edición do programa Da Escola á Granxa, pretende fomentar a educación ambiental con actividades para a cativada lucense, que visitará centros gandeiros, agrícolas e actividades relacionadas co sector primario da provincia: os labores de cultivo, o manexo do gando e a elaboración de produtos, entre moitas outras.

As asociacións poderán solicitar axudas á Deputación para organizar as visitas aos centros nas que a rapazada levará a cabo actividades divulgativas sobre o medio natural. Pode consultar a presentación do programa premendo no seguinte enlace.









Arquivos