Estaremos na entrega de premios do concurso Deseña unha xoia para túa nai

Braulio e Pili estarán este venres, 25 de abril, na entrega de premios do V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría. Será ás 17.30 horas no CGAC de Santiago.


16 de abril de 2014



Ao igual que o ano pasado, dous irmáns Bolechas estarán na entrega de premios do concurso Deseña unha xoia para a túa nai, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría e que vai xa pola súa quinta edición. Nesta ocasión asistirán ao evento Braulio e Pili. Ambos os dous felicitarán a gañadores e finalistas do concurso no que participaron máis de oito mil nenos e nenas de toda Galicia.

O Xurado do concurso, do que formaba parte Pepe Carreiro, elixiu 80 debuxos finalistas dos que sairán os 12 gañadores, que verán como o seu deseño se fai realidade grazas aos profesionais do Colexio Oficial de Xoiaría. Os nomes dos premiados coñeceranse o venres a partir das 17.30 h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela.

Será unha tarde chea de emoción e de moitos nervios, xa que os gañadores poderán ver os seus deseños convertidos en realidade e levalos para a casa para agasallar a súa nai coa xoia que idearon para ela. 









Arquivos