'De Chispa a Tatá' chega esta fin de semana a Triacastela, Quiroga e Rianxo
Tres novos concellos da Rede de Dinamización Lingüística reciben esta fin de semana a visita dos Bolechas, que chegan coa nova actividade do programa FalaRedes que leva por nome ‘De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas’.
A primeira das citas será este sábado 7, ás 12:30 horas, no concello de Triacastela (Polideportivo do CEIP Eduardo Cela Vila).
Tamén o sábado haberá función no Auditorio Municipal de Quiroga. Será ás 19:00 horas.
Por último, o domingo 8, ás 17:30 horas, os Bolechas estarán no Centro Social de Asados (Rianxo), a través da colaboración coa Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte.
Ata o 5 de novembro Os Bolechas percorrerán outros 12 municipios: Pazos de Borbén, A Bola, Frades, Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove.
Concurso
Coma sempre, a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que ten continuidade a través das TIC. En cada función, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web osbolechas.gal/dechispaatatapara seguir xogando e aprendendo e tamén para poder conseguir lotes de libros dos Bolechas. E os que non teñen a fortuna de asistir ás funcións tamén poden participar, polo que toda a cativada galega pode gozar desta nova proposta dos Bolechas.