O Salón do Libro de Pontevedra recibe aos Bolechas esta fin de semana

O Universo Os Bolechas chega ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra o sábado 16 e permanecerá no Pazo da Cultura ata a tarde do domingo.




Os máis pequenos poderán gozar da presenza dos seus personaxes favoritos, que asistirán dentro do Universo Os Bolechas ao Salón do Libro.

Os xogos e a diversión serán os protagonistas en Pontevedra. Os nenos e nenas que se acheguen ao salón poderán participar nas actividades organizadas para o evento. Haberá moitas novidades, entre elas destacamos a estrea de “A cantar con... Os Bolechas!”, onde os máis cativos poderán amosar as súas dotes artísticas coas cancións dos Bolechas.

Pepe Carreiro tamén estará en Pontevedra para impartir un divertido taller de debuxo: A toda máquina cos Bolechas! no que os participantes aprenderán xogando.

Non faltarán á cita os propios Os Bolechas. Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá acudirán a saudar aos seus fans, que poderán aproveitar a ocasión para fotografarse con eles. Tamén se desprazará ata Pontevedra o xa clásico coche dos Bolechas, un divertido e rechamante “catro latas”, que acompaña aos Bolechas por toda Galicia. 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Sábado, día 16 de marzo e domingo, día 17 de marzo

11:30 h.–14:00 h.- Espazo Universo Os Bolechas.

12:00 h. A cantar con… Os Bolechas!

13:00 h. Con todos vós… Os Bolechas!

17:00 h.– 20:30 h.- Espazo Universo Bolechas.

18:00 h. A toda máquina cos Bolechas!

19:15 h. Con todos vós... Os Bolechas!









Arquivos