Éxito doble d'Os Bolechas en Carballo'

Os Bolechas estiveron en Carballo presentando a súa aventura na vila con motivo da celebración da Praza dos Libros, a feira da creatividade da capital bergantiñá.


09 de setembro de 2014



Tanto o Concello de Carballo coma as librarías participantes na Praza dos Libros fan unha valoración positiva da feira celebrada desde o xoves 28 de agosto ao domingo 31, tanto pola participación de público e visitantes coma polas vedas, que aumentaron con respecto ao ano pasado.

A Praza dos Libros contou con case 20 actividades, desde presentacións de libros ata obradoiros, actividades, etc. e entre as máis concorridas estivo a visita dos Bolechas, que pasaron polo Xardín Municipal na tarde do domingo para presentar o libro das súas aventuras na na vila.

Os Bolechas en Carballo. conta a visita dos irmáns a Martiña, unha amiga carballesa que lles mostra o horto urbano. Alí cóntanlles que en Carballo a auga é moi importante e que, de feito, Carballo naceu da auga. Tamén dan unha volta pola feira e proban o pan antes de ir ao balneario, onde tratan de bañar a Chispa. Mais, como todo o mundo sabe, a Chispa non lle gusta nada bañarse, e iso levaraos a coñecer diversos puntos da vila, tentando que o can probe as augas carballesas.

As persoas que acumularon na Praza dos Libros compra por valor de 30 euros levaron de agasallo o conto, do que se repartiron máis de 400 exemplares.  Isto, sumado aos arredor de 1.600 libros vendidos dá como resultado a adquisición duns 2.000 libros, a maioría en galego, unhas cifras que consolidan a cita como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura, dándolle especial protagonismo á creación galega. 









Arquivos