Aos tres títulos existentes, O libro de Carlos, O libro de Tatá e O libro de Chispa únense agora os dos resto de irmáns: Braulio, Pili, Loli e Sonia. En total sete títulos dos Bolechas destinados a coñecer mellor a cada un dos personaxes. E cada libro vai acompañado do seu peluche.
Hai uns meses saíron á venda os primeiros títulos desta colección que agora se completa co resto dos principais personaxes da popular familia. O éxito dos primeiros títulos adicados a Carlos, Tatá e Chispa quedou patente nas vendas rexistradas, tanto que algún personaxe está totalmente esgotado desde hai tempo.
Agora os seguidores dos Bolechas poderán elixir o seu favorito entre todos ou completar a colección e coñecer todos os segredos dos irmáns e do seu inseparable Chispa. Todos os libros están á venda nas librarías e na Tenda dos Bolechas. Editados por Bolanda, trátase de publicacións de tapas duras e gran formato que serven para dar a coñecer a cada un dos personaxes: canto pesan e miden, que número calzan, onde dormen, cal é a súa comida favorita, como é o seu cepillo de dentes ou como eran de bebés…
Os novos títulos dispoñibles xa á venda son:O libro de Braulio, O libro de Pili,O libro de LolieO libro de Sonia que se unen aos xa existentes –a excepción do de Chispa, que está esgotado–. O seu prezo é de 17 euros, incluído o peluche do personaxe protagonista.