Xa temos o neno máis afortunado do mundo

Remedios González é a ganadora do noso sorteo de Nadal “O Agasallo máis Incríbel do Mundo”. Os catro finalistas son Sonia Vb, Ester Vázquez, San Vicente e Dolores Rivas.


07 de xaneiro de 2015



Rematado o concurso de Nadal dos Bolechas as cinco participacións máis votadas foron as de Sonia Vb, Ester Vázquez, San Vicente, Dolores Rivas e Remedios González, por esta orde. Tal como establecían as bases do concurso, a ganadora ou ganador sería elixido por sorteo entre os cinco máis votados mediante a apliación do propio concurso, easypromos.

Realizado ese sorteo, a ganadora foi REMEDIOS GONZÁLEZ, quen xa confirmou que cumpre as bases para recibilo. Así, o seu bisneto Luis, residente en Sarria, recibirá o seu lote de libros persoal e outro lote de 100 libros para repartir cos seus compañeiros, veciños, amigos… Ademais, grazas a el, Cáritas Diocesana de Sarria recibirá o lote correspondente á ONG ou asociación benéfica.

Seguindo as bases, designáranse dous suplentes para o caso de que a ganadora ou ganador non cumprira os requisitos: San Vicente e Ester Vázquez. Finalmente parece que non fará falta acudir a eles posto que a ganadora cumpre todos os requisitos, así que eles, xunto cos outros dous finalistas recibirán na casa gratuitamente o libro-disco Os Bolechas fan unha banda.

Nos próximos días farase a entrega dos premios ao ganador no seu domicilio.

Parabéns e grazas por participar a todos!!!!!!!!!!











Arquivos