Pepe Carreiro firma libros dos Bolechas na Feira do Libro de Santiago

O autor dos Bolechas estivo este luns 29 de abril na Alameda para atender aos numerosos seguidores dos Bolechas.




A XXXII edición da Feira do Libro de Santiago acolleu a firma de libros de Pepe Carreiro. Foron moitos os nenos e nenas que se achegaron para conseguir unha dedicatoria dos seus libros favoritos. Aproveitouse a ocasión para presentar unha das novidades editoriais dos Bolechas: O reloxo de Carlos.

Pepe Carreiro amosou as súas dotes como debuxante ante o público asistente, que descubriu abraiado o proceso de creación dos seus personaxes favoritos. Os máis privilexiados levaron un dos debuxos de recordo.

A Feira que comezou o pasado sábado incluíu este ano numerosas actividades para nenos, que fixeron que o público infantil tivese un presencia importante durante toda a xornada. Os postos de exhibición e venda de libros estarán abertos de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30 ata o domingo 5 de maio.









Arquivos