Os Bolechas van de xira coa súa grande orquestra

O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas. A nova xira de teatro “Os Bolechas tocan nunha grande orquestra” chega aos teatros de toda Galicia para ofrecer un gran concerto ás nenas e nenos e transmitirlles a importancia da colaboración e a creatividade. 


23 de outubro de 2024



O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas.  Despois da súa estrea en Boiro, a nova xira de teatro “Os Bolechas tocan nunha grande orquestra” chega aos teatros de toda Galicia para ofrecer un gran concerto ás nenas e nenos e transmitirlles a importancia da colaboración e a creatividade. 

Neste teatro de monicreques, os irmáns Bolechas xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións. O obxectivo é experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos entre a cativada, ao mesmo tempo que se divirten en galego.

A nova xira está orientada a un público cativo de entre 5 a 12 anos e ás súas familias. Deste xeito, a obra pretende fomentar o interese pola música e polo coñecemento dos distintos instrumentos musicais cun guión cheo de diversión. Os Bolechas son referentes na promoción e uso do idioma galego, polo que se trata dunha perfecta alternativa de ocio en galego, que motiva o coñecemento dos nenos e nenas, ao mesmo tempo que reforza a música como un elemento de conexión entre as persoas. 

Esta iniciativa enmárcase dentro do FalaRedes, un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Dende a Secretaría, remarcan a importancia desta iniciativa xa que “Os Bolechas son un referente positivo para os cativos na promoción e o uso da lingua e cultura galegas, así como unha forma de dinamizar o ocio en galego”, apuntan.

Datas da xira

Cun total de 21 actuacións, o concello de Boiro e o de Ferrol foron as primeiras paradas da familia. Séguenlle Ponteceso, Miño, A Laracha, Cedeira, Burela, Ourense, O Grove, Cee... e máis datas por confirmar!

Calendario

BOIRO. Venres, 18 de outubro. 20.00 horas. Casa da Cultura

FERROL. Sábado, 19 de outubro. 19.00 horas. Teatro Jofre

PONTECESO. Xoves, 31 de outubro. 18:30 horas. Biblioteca Municipal

MIÑO. Venres, 8 de novembro. 18.00 horas. Centro Social da Rúa

A LARACHA. Sábado, 9 de novembro. 17:30 horas. Casa da Cultura

VALDOVIÑO. Domingo, 10 de novembro. 18.00 horas. Casa da Cultura

CEDEIRA. Sábado, 16 de novembro. 13.00 horas. Auditorio Municipal

BURELA. Sábado, 16 de novembro. 18:30 horas. Casa da Cultura

OURENSE. Domingo, 17 de novembro. 12.00 horas. Liceo de Ourense

LALÍN. Domingo, 17 de novembro. 18.30 horas. Salón-Teatro

GUITIRIZ. Venres, 22 de novembro. 18.00 horas. Casa Habanera

MUGARDOS. Sábado, 23 de novembro. 19:30 horas. Sociedade Amigos da Paisaxe Galega (O Seixo)

AS NEVES. Domingo, 24 de novembro. 17:30 horas. Auditorio José Gil

O GROVE. Venres, 29 de novembro. 11.00 horas. Auditorio Municipal (público escolar) 

VALGA. Venres, 29 de novembro. 20.00 horas. Auditorio Municipal

ARTEIXO. Sábado, 30 de novembro. 19.00 horas. Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía

FISTERRA. Domingo, 1 de decembro. 12.00 horas. Salón de actos do Concello.

CEE. Domingo, 1 de decembro. 17:30 horas. Casa da Cultura

TUI. Xoves, 5 de decembro. 19:00 horas. Teatro Municipal

O BARCO DE VALDEORRAS. Sábado, 7 de decembro. 18:00 horas. Teatro Lauro Olmo









Arquivos