Consegue importantes descontos coa entrada da xira de Nadal

A entrada para o espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina leva asociados uns vales de desconto para mercar produtos dos Bolechas.


29 de novembro de 2013



Cada entrada para a xira de Nadal dos Bolechas leva asociados varios vales de desconto para canxear no posto de vendas que se instalará no recibidor dos teatros e auditorios onde teña lugar a función.

Presentando as entradas nese posto de vendas en horario de 17:45 h a 20:30 h poderán descontarse ata 12 euros. Os descontos non son acumulables; cada produto ten un máximo de desconto de 4 euros e a oferta só é válida para o posto de vendas do teatro ao que corresponde a entrada.

Datas da xira de Nadal

Os Bolechas cantan con Lady Vina será o grande espectáculo infantil deste Nadal en Galicia, con 11 funcións nas principais cidades e vilas da comunidade. O espectáculo comezará o día 22 de decembro en Vilagarcía e pasará por Pontevedra (23 de decembro), Vigo (día 26), Burela (27), Santiago (30), Cangas (2 de xaneiro), Ourense (3 de xaneiro), Narón (4), Lugo (6), A Coruña (7) e Vilalba (8 de xaneiro).

As entradas están xa á venda en www.servinova.com. E ata o 9 DE DECEMBRO custarán só 10 EUROS,  e terán o mesmo desconto de 12 euros en produtos dos Bolechas. 









Arquivos