Biblioteca Básica Os Bolechas: a primeira biblioteca dos máis novos da casa

Seguindo o máis  puro espírito dos Bolechas, Pepe Carreiro presenta unha obra de gran valor pedagóxico para que os máis novos aprendan a relacionarse co mundo. E de agasallo, unha fantástica maleta correcamiños: a Muuulecha. O regalo perfecto para este Nadal.  




Agora aprender será moito máis divertido coa Biblioteca Básica Os Bolechas, unha forma fácil e apaixonante de descubrir o mundo. Esta obra converterase na primeira biblioteca dos máis pequenos, achegándolles o amor polos libros ao tempo que aprenden a relacionarse con todo o que lles rodea.

Retomando o gran formato que xa se puido ver n´O reloxo de Carlos, Pepe Carreiro recolle o espírito dos populares personaxes infantís galegos cun enfoque máis didáctico, ideal para que pais e educadores poidan introducir formación en valores universais –como o respecto polos animais–, así como os primeiros coñecementos: como nacemos, como comportarse na rúa, o corpo humano, a roupa etc.

Unha lectura divertida e con alto valor didáctico e pedagóxico a través de 12 libros e máis de 400 páxinas onde a mestura de lecer e formación dá lugar a unha colección perfecta para os máis pequenos.

O libro fala e pictogramas de fácil lectura  

A colección incorpora as novas tecnoloxías a través dun recurso de gran valor: “O libro fala”, unha novidade que permite acompañar a lectura con recursos sonoros didácticos a través de códigos QR que son lidos por dispositivos móbiles (tabletas gráficas ou teléfonos móbiles) ou desde un ordenador. Este recurso didáctico contribúe á comprensión das mensaxes e aporta valor engadido á experiencia lectora, ademais de facer os adultos “cómplices” da actividade.

Ademais, ao igual que O reloxo de Carlos, a Biblioteca Básica Os Bolechas incorpora pictogramas de fácil lectura, un recurso pedagóxico que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora. Ademais, son tamén adecuados para nenos con deficiencias físicas ou intelectuais, ou con dificultades de acceso á lectura.

A Muuulecha

A Biblioteca Básica Os Bolechas inclúe un fantástico agasallo valorado en máis de 50 euros: a Muuulecha. Unha maleta, un xoguete e un cómodo transporte que sorprenderá polas súas grandes prestacións.

Ademais de ser unha cómoda maleta para gardar a roupa e outros obxectos dos pequenos, como libros ou xoguetes, a súa estrutura ríxida, á súa forma e ás rodas permitiralles aos nenos e nenas ir sentados sobre ela, empuxándose cos pés ou deixándose levar comodamente por outra persoa, grazas á tira de empuxe. Isto, unido á súa forma de vaca, fará da Muuulecha un dos xoguetes preferidos dos pequenos.

Como comprar e desconto para socios

Desde hoxe é posible mercar a Biblioteca Básica Os Bolechas a través de varias vías. Poden achegarse á súa libraría habitual ou facelo directamente no teléfono 902 18 20 10. E tamén poden adquirir a Biblioteca a través de internet, accedendo nesta mesma web, onde atoparán un enlace á páxina de compra, ou entrar directamente en www.osbolechas.gal/biblioteca. Aquí está toda a información deste novo lanzamento e os pasos necesarios para mercar a Biblioteca e facerse tamén co fantástico agasallo da Muuulecha.

O prezo da Biblioteca é de 99 euros, pero Os Bolechas queren premiar a confianza dos seus socios, de xeito que os membros do Club dos Bolechas terán un desconto do 5 %, o que rebaixa o custo ata os 94,05 euros.

Os que aínda non son socios, poderán facerse de xeito totalmente gratuíto no momento da compra (sexa na libraría, por teléfono ou por internet) e deste xeito gozar tamén deste desconto e de todas as vantaxes que ofrece o Club dos Bolechas.









Arquivos