Participamos no encontro de familias acolledoras da Cruz Vermella

Os Bolechas estarán este sábado, 20 de setembro, no Encontro de familias acolledoras que celebra Cruz Vermella en Laias, Ourense. 


17 de setembro de 2014



O Balneario de Laias, en Ourense, é o lugar elixido este ano para celebrar o Encontro de familias acolledoras de Cruz Vermella. Será este sábado, 20 de setembro, a partir das 11.00 h.

Os Bolechas chegarán a primeira hora co seu R4 para recibir e saudar a todos os participantes nesta cita festiva.

A continuación os adultos asistirán a unha benvida institucional e a unha sesión formativa impartida por Jaume Funes, psicólogo, periodista e escritor, mentres que os cativos gozarán de múltiples actividades en función das súas idades. Os Bolechas volverán entón para estar cos nenos neste espazo de ocio e gozaren xuntos dunha xornada de convivencia e diversión. 

Os Bolechas son tamén familia acolledora, unha experiencia que contan no seu libro Os Bolechas aumentan a familia e na web Bolechas acolledores.









Arquivos