Presentamos nova guía de Vedra

O Concello de Vedra presentará este domingo 22 de febreiro o novo libro Os Bolechas van a Vedra que dá a coñecer algunhas das marabillas que distinguen a este municipio, como o seu río, o queixo, as uvas ou as orellas doces. Ummmm…


20 de febreiro de 2015



A presentación da nova guía dos Bolechas terá lugar no concello de Vedra este domingo, 22 de febreiro, coincidindo coa celebración das XX Xornadas Arredor da Camelia que organizan a Asociación de Amigos da Camelia do Val do Ulla e o Concello de Vedra.

O programa de actos desenvolverase na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla, onde a inauguración da Xornada está prevista para as 12.30 h. Non obstante a presentación do libro dos Bolechas será ás 17.30 h, xusto antes da entrega de premios e agasallos aos participantes na exposición de camelias.

Os Bolechas van a Vedra narra a visita dos irmáns á súa amiga Xoana, que vive preto do Ulla. Os Bolechas queren aproveitar para fotografar un salmón e presentarse a un concurso de fotografía de animais, pero retratar peixes non é tan sinxelo. Malia todo conseguirano e, ademais, poderá coñecer o fermoso municipio e probar algunhas das delicias que ofrece.  









Arquivos