A caravana dos Bolechas, promovida pola Deputación de Lugo, está instalada na praza San Marcos da cidade e abre as súas portas de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.
Os populares personaxes creados por Pepe Carreiro están hoxe en Lugo acompañados da súa caravana, composta polo colorido R4, a carpa de actividades e o espectacular autobús de dous pisos cheo de actividades para toda a familia.
Todas as nenas e nenos que se acheguen ata alí poderán gozar das actividades e xogos do Universo Bolechas, totalmente gratuítas, desde obradoiros de debuxo ata ludoteca con xogos para divertirse e aprender, así como material para manualidades, libros e ordenadores onde acceder a xogos e actividades. Tamén están o karaoke e a sala de cine do autobús, dotada con todo o necesario para ver Os Bolechas.
Ademais, todos os que se acheguen ata a caravana entrarán no sorteo de cinco libros-disco d´Os Bolechas fan unha banda, catro cursos de inglés e tres maletas correcamiños dos Bolechas. E por suposto, poderán saudar e retratarse cos seus personaxes favoritos. Os seis irmáns, xunto con Chispa no seu novo camión de bombeiros, estarán pola tarde na praza con todos os cativos.