Muros bota man dos Bolechas para traballar a igualdade

O Centro de Información á Muller de Muros presenta unha guía dos Bolechas para traballar a igualdade ao tempo que dá a coñecer a riqueza do municipio entre a cativada.


07 de xullo de 2017



Os Bolechas van coas súas amizades de Muros a visitar o Centro de Información á Muller (CIM) e a psicóloga, Xulia, lévaos a todos de excursión. Así poderán coñecer o municipio e aprender unha chea de cousas para facer un mundo mellor.

Ao longo da visita, os Bolechas e os seus amigos muradáns coñecerán conceptos como igualdade, empatía, autoconfianza… E, por suposto, os dereitos, que son iguais para todas as persoas, independentemente do sexo, a raza, a posición económica ou a lingua que falen: igualiños, igualiños!

A guía permitiralle ao persoal do CIM de Muros achegarlle á cativada conceptos que se traballan habitualmente nos programas de habilidades que se imparten desde este servizo. Este novo título dos Bolechas estará dispoñible para todo o mundo a partir da vindeira semana nas axencias de lectura do concello.









Arquivos