Entrega do premio do sorteo de Nadal

Luis Pérez, o gañador do sorteo de Nadal recibiu na súa vila de Sarria “O Agasallo máis Incríbel do Mundo”. Luis acudiu á entrega do premio con algunhas das amigas e amigos cos que compartiu o seu agasallo.


23 de xaneiro de 2015



O pequeno Luis Pérez recibiu este xoves 22 de xaneiro en Sarria o premio do sorteo que puxemos en marcha este Nadal. Luis foi o afortunado gañador e onte recibiu de mans de Carlos Bolechas o seu “incríbel agasallo”, que consistía en máis de 200 libros dos Bolechas.

Pero non todos foron para el. Tal como establecían as bases do concurso, o premio dividíase en tres lotes: un para o ganador, outro para compañeiros, veciños, amigos etc. e un terceiro para ONG ou asociación benéfica elixida polo premiado, que foi Cáritas Diocesana de Sarria.

Xustamente a entrega tivo lugar nas instalacións de Cáritas, onde os seus responsables recolleron e agradeceron o premio. Ata alí se achegou tamén o premiado acompañado dalgunhas amigas e amigos cos que repartirá o agasallo e que ademais de recibir xa os seus libros puideron fotografarse con Carlos Bolechas, que foi o encargado de facer a entrega do premio.

Agardamos que tanto Luis como os seus amigos e as nenas e nenos de Sarria gocen moito cos libros dos Bolechas que onte viaxaron ata a fermosa vila lucense.

 









Arquivos