Este entroido percorremos os colexios coa TVG

Os estudantes e os colexios galegos son os protagonistas da nova proposta audiovisual que estamos a prepararmos coa TVG: BraulioTuber. Un programa divertido para ver, e aprender, cousas novas sobre as diferentes formas de vivir o entroido da man da cativada galega.  


24 de febreiro de 2017



Cun formato moi sinxelo, rápido e fresco, cada programa mostrará como gozan destas festas en diferentes localidades de Galicia, ao tempo que serve para entrar nas aulas e ver como traballa a cativada no ámbito escolar.

Para iso bótase man dun formato ben coñecido para as novas xeracións e que se adapta perfectamente aos contidos desta proposta: vídeos curtos e áxiles, moi rápidos e divertidos, co entroido como eixo central pero abertos ás aportacións dos centros e dos estudantes que, coas súas anécdotas e accións espontáneas dan frescura e diversión, ao tempo que a cativada convértese na auténtica protagonista.

Un protagonismo que comparten co seu grupo de referencia e coa súa contorna, o que contribúe a fomentar o sentimento de pertenza. Ao mesmo tempo, o conxunto de pezas permiten obtermos un completo catálogo de costumes e celebracións propias destas datas que serven para coñecer outras tradicións, outras formas de traballo nas aulas, outras vilas etc. 

Pero, ademais, cada vídeo é unha mostra do gran traballo que desenvolve cada día o persoal educativo nas aulas, un labor de importancia vital para o noso futuro como sociedade e non sempre ben coñecido. De aí a aposta dos Bolechas e a TVG por abrir unha canle directa co mundo escolar e mostrar o importante labor de quen está formando as futuras galegas e galegos. 

Un traballo que xa podedes ver todos os días na segunda canle da TVG e tamén nas nosas canles. Estade atentos! 









Arquivos