Celebramos o Aniversario das Cancelas

O centro comercial As Cancelas de Santiago cumpre catro anos e celébrao con múltiples actividades, entre elas a visita dos Bolechas este sábado, día 12, a partir das 18:30 horas. Esperámosvos nas Cancelas! 


08 de novembro de 2016



Os seis irmáns Bolechas mais o seu can, Chispa, volverán este sábado día 12 ao centro comercial As Candelas de Santiago de Compostela. Os Bolechas, que xa estiveron na  inauguración do centro en novembro de 2012, acudirán de novo co seu famoso R4 á celebración deste cuarto aniversario no que hai preparadas multitude de sorpresas e actividades gratuítas para os clientes, entre elas a visita dos populares personaxes infantís que chegarán ás instalacións ás 18:30 h.

Durante dúas horas todos os fans dos Bolechas poderanse facerse unha foto con eles e levala de balde como recordo. Vémonos nas Cancelas!  









Arquivos