Este domingo, 29 de marzo, presentamos no concello de Esgos Os Bolechas van a Ourense, a nova proposta infantil da Deputacion de Ourense para dar a coñecer ás nenas e nenos da provincia a riqueza da súa terra.
Os Bolechas estarán este domingo, 29 de marzo, no mosteiro de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, para presentar a nova iniciativa da Deputación de Ourense para dar a coñecer a provincia entre os máis novos.
A presentación comezará ás 12:00 horas cunha breve intervención das autoridades e de responsables da editorial, Bolanda Edicións, para explicar en que consiste esta proposta, que inclúe a edición dun libro, Os Bolechas van a Ourense, e a realización dunha xira que levará Os Bolechas co seu autobús por toda a provincia ourensá nos próximos días.
Precisamente Os Bolechas corpóreos acudirán tamén á presentación deste domingo co seu espectacular autobús de dous pisos con ludoteca, sala de cine e espazo para talleres creativos dos que poderán gozar todas as nenas e nenos que se acheguen ata o lugar.