O Salón do Libro de Pontevedra acolleu con entusiasmo aos Bolechas

O Pazo da Cultura de Pontevedra encheuse de cor e diversión esta fin de semana. Os numerosos seguidores dos Bolechas puideron desfrutar da compañía dos seus personaxes favoritos.




Foron moitos os nenos e nenas que se achegaron ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para poder ver de preto a familia creada por Pepe Carreiro.

O coche oficial dos Bolechas fixo soar as súas cancións polas rúas de Pontevedra, anunciando así a chegada á cidade dos seis irmáns e o seu.

Os xogos e actividades que se desenvolveron ao longo do sábado e o domingo foron un éxito. Os asistentes participaron nun “carreira de remudas” para debuxar un mural “a toda máquina”, unha traballo en equipo supervisado polo propio Pepe Carreiro. Os máis cativos encheron de cor unha longa tira de papel en branco.

Contamos tamén cunha banda sonora de excepción, aqueles que puideron achegarse ao Salón entoaron cos Bolechas a súas cancións favoritas.

A aparición dos sete irmáns en escena revolucionou aos seus fans, que agardaban con impaciencia a súa visita. Todos aproveitaron a ocasión para gardar unha imaxe de recordo facendo unha foto cos Bolechas.

O ambiente festivo contaxiouse entre os asistentes que puideron coñecer de primeira man todo o que rodea ao Universo Bolechas. 









Arquivos