Os Bolechas van a Sanxenxo

Este martes, 14 de febreiro, preséntase no Concello de Sanxenxo o novo título da colección Guías dos Bolechas. Neste novo libro, os irmáns van pasar uns días de vacacións a este fermoso municipio onde teñen moitos amigos cos que gozarán das praias de Sanxenxo, pero tamén da historia, a natureza, o patrimonio cultural… 


13 de febreiro de 2017



Este martes, 14 de febreiro, ás 12:00 h preséntase no Concello de Sanxenxo unha nova aventura de Pepe Carreiro: Os Bolechas van a Sanxenxo. O novo título, da colección Guías, pretende dar a coñecer á cativada a riqueza deste municipio, famoso polas súas praias pero cunha gran riqueza cultural e patrimonial que os Bolechas coñecerán grazas ás moitas amigas e amigos do concello: Pedro, de Bordóns; Estevo, de Noalla; Xoán, de Dorrón; Carme, de Vilalonga; Baia, de Nantes; María, de Adina, e Xenxo, de Padriñán. 

Será Xenxo quen os convide a pasar unha noite no pazo dos Patiño onde, antes de durmiren, os Bolechas e os amigos recordan as aventuras que viviron nas distintas parroquias do municipio. Deste xeito, a cativada poderá coñecer lugares e actividades típicas do municipio, pero tamén lendas como a das nove ondas da Lanzada, celebracións como a Festa Labrega ou historia local, como a das telleiras.

O libro será presentado pola concelleira de Cultura, Educación e Normalización lingüística de Sanxenxo, Sandra Fernández, e por Xosé Leal, responsable de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra. 









Arquivos