Os Bolechas continúan repartindo agasallos entre todos aqueles fans de Facebook que participan na elaboración dunha historia sobre cada un dos membros desta familia. Os fans dos Bolechas na rede social só teñen que contribuír cunha frase a facer unha historia e as dúas frases con máis “me gusta”, terán premio directo.
Nesta ocasión as gañadoras polas súas aportacións á historia de Carlos foron María Piñón, que acadou a táboa de “bodyboard” (Tribord 100 42’ ) e Laura Pinazas González que acadou o papaventos (Tribord Zeruko W144).
Hoxe iniciouse a segunda historia, que ten como protagonista a Sonia, que vai participar nunha carreira infantil. Quizais algún día poida estar nas Olimpiadas... Só tedes que deixar unha frase no muro da historia e conseguir o maior número de “me gusta” de fans dos Bolechas e conseguiredes o voso agasallo a vindeira semana.
A historia de Carlos
- O obxectivo de Carlos para este verán é aprender a nadar de costas...
- Antes de comezar... vou ter que mercar un espello retrovisor para non bater coa xente!!!
- Hoxe pola mañá saíu con Chispa de paseo á beira do mar. Chispa tiña ganas de se bañar pero colleu medo coas ondas.
- Pero como é un bo intrépido... dixo... quen dixo medo? E aló foi a facer fronte ás ondas! pero... tiña un problema! que facía cos seus lentes?
- Pero non quero que se decaten de que aínda nado con manguitos!! colocarei o espello retrovisor nos lentes de mergullo e así parecerei un nadador a última moda con complementos chic!!
- Ala, xa estou listo!! xa teño todo para meterme na auga! Pili e Loli rinse de min porque pensan que vou ir ó fondo, pero eu creo que non... paréceme que podo flotar... vou ver...
- Non podo manterme de costas, porque me dá moito medo. Póñome nervioso e teñen que vir Pili e Loli axudarme para que non trague máis auga.
- Pois alá vou eu, a meterme de cheo na auga. Están todos atentos a miña nova aventura, e o que non saben eles e o preparado que o teño eu. Tírome de cheo, métome de costas, cu ben para arriba e levanto o peito e aí vou eu coma se fose unha lancha motora. Quedaron todos pasmados.
- E entón conseguín dar dúas brazadas, e outras dúas, pero que pasa eiquí, vexo polo retrovisor uns, uns,..... Meu Deus que é iso, arre demo, que cousa tan fea, voume dar a volta e comprobar que é iso tan arrepiantemente feo que ven os meus ollos...
- preguntareille ao cangrexo –pensa. El seguro que sabe desas cousas.