Este novo concurso pretende resaltar o importante papel que xoga a escola na vida dos nenos e nenas facendo especial fincapé na vinculación entre a casa e o colexio, ao mesmo tempo que se fomenta a súa creatividade.
O prazo para participar comeza hoxe, luns 11 de novembro, e remata o día 30 deste mes. Os nenos poden participar de forma individual e/ou conxuntamente coa súa clase. No caso de participar co colexio, o profesor/titor fará a inscrición da clase na web www.novagaliciabanco.es/osbolechas e descargará da mesma os arquivos necesarios para participar.
Para participar de forma individual hai que acceder á mesma web no apartado “Desde a casa” e o sistema vai guiando ao usuario nos pasos a dar. Os nenos que participen co colexio poderán facelo tamén desde a casa co mesmo debuso e optar así aos agasallos das dúas modalidades.
Máis de 6.000 euros en premios e 60 Bibliotecas Básicas
Todos os colexios que concursen recibirán un lote de cadernos de actividades dos Bolechas que se deixará nos centros no momento de recoller os sobres cos debuxos. Pero, ademais, sortearase un gran premio de 3.000 euros para o centro escolar gañador.
Na modalidade individual sortearanse 30 premios de 60 euros, 30 premios de 30 euros e 60 Bibliotecas Básicas Os Bolechas, que inclúen 12 libros mais a Mulecha (a maleta-vaca dos Bolechas). Os gañadores serán escollidos mediante sorteo público entre todos os participantes. Cada unha das modalidades de participación contará co seu propio sorteo.
As bases do concurso poden consultarse na web, onde tamén se pode acceder á participación nas distintas modalidades dun xeito moi sinxelo e intuitivo a través dos pasos polos que a propia páxina vai guiando aos participantes en cada unha das opcións.