Este domingo presentamos as nosas aventuras en… Valdoviño!
Este domingo, 29 de xaneiro, presentamos un novo título da nosa colección “Guías” no concello de Valdoviño. Será ás 18:00 no auditorio da Casa de Cultura.
Os Bolechas van a Valdoviño é o título da nova aventura que este domingo presentamos na Casa da Cultura deste concello da provincia da Coruña. A cita será ás 18:00 h e a entrada será libre e gratuíta; o Concello fai un especial chamamento ás nenas e nenos de Valdoviño que, de seguro, gozarán coas aventuras dos famosos personaxes de Pepe Carreiro no municipio.
A nova aventura da familia Bolechas comeza na capela de San Bartolo, en Sequeiro, onde os irmáns gozan dunha merenda con amigos de Valdoviño e tamén outros de fóra que, coma eles, están a pasar alí as vacacións. Carlos empeza a contar aventuras un pouco fantasiosas e os demais anímanse e narran tamén historias que lles aconteceron en diversos lugares do municipio, como na praia da Frouxeira, no encoro das Forcadas ou nas capelas do Porto, en Meirás, e da Fame en Vilarrube.
Sen dúbida, as vacacións en Valdoviño son ben divertidas!!