Milleiros de persoas no pasacalles dos Bolechas en Cambados

Milleiros de persoas estiveron este domingo, 4 de agosto, cos Bolechas no pasacalles que fixeron polas rúas de Cambados no día grande da Festa do Albariño.  




Os Bolechas saíron arredor das 19.00 horas da praza do Concello de Cambados. Acompañados do seu coche, os irmáns Bolechas percorreron as principais rúas da vila saudando a todos os nenos e nenas que se ían cruzando ata chegar á emblemática praza de Fefiñáns, onde os agardaban milleiros de persoas pasar con eles unha divertida tarde.

Cambados celebrou estes días a Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, e nese contexto se enmarcou o pasacalles dos Bolechas que rematou na céntrica praza onde os populares personaxes cantaron e bailaron cos cativos, que non pararon de corear as cancións e os nomes dos irmáns e do seu cadelo, Chispa, tamén presente neste acto.

Os Bolechas estarán ao longo do verán noutros puntos da xeografía galega. As datas e lugares daranse a coñecer con antelación tanto en Facebook como en Twitter.   









Arquivos