Tedes plan para esta fin de semana? Imos a Lousame!

Os Bolechas estiveron en Lousame co seu amigo Martiño, neto dun traballador das minas de San Finx que lles mostra o lugar. Alí a Braulio ocórreselle unha grande idea…


10 de outubro de 2014



Pepe Carreiro levou Os Bolechas nesta ocasión ata Lousame, onde un amigo, Martiño, lles mostra as minas de San Finx onde traballou o seu avó. Braulio, asombrado pola historia do lugar, tratará de atopar unha mina de brillantes cun péndulo e así os seis irmáns mais o seu can visitarán algunhas das paraxes máis emblemáticas do municipio.

A capela do San Roquiño, a fábrica de papel, as mámoas de Casamea, as fervenzas de San Xusto, o petróglifo de Lesende ou o mirador da Muralla, entre outros moitos lugares, aparecen nesta nova historia promovida polo Concello de Lousame para dar a coñecer a beleza deste recuncho do Barbanza.

As Guías dos Bolechas estanse a converter na mellor promoción turística de vilas e lugares de Galicia, posto que son historias que chegan a un público familiar moi atractivo para moitos espazos de grande interese que están moi preto de nós.









Arquivos