Os Bolechas celebran o Día das Letras Galegas cun gran sorteo
Un libro electrónico, a colección completa das Letras Galegas dos Bolechas e dous lotes de lectura, son os incribles premios que sortea a familia baixo o lema ‘Crecemos co Galego’
A familia dos Bolechas non quere perderse esta data tan sinalada sen preparar algo moi especial. Baixo o lema ‘Crecemos co Galego’, estes aventureiros organizan un sorteo nas súas redes sociais con premios incribles que homenaxean ao escritor lucense, Francisco Fernández del Riego, galardoado no 60º aniversario do 17 de maio. Entre os agasallos que poderán gañar os participantes están:
➤ Un libro electrónico ➤ Dúas coleccións completas das Letras galegas do Bolechas ➤ Dous lotes de lectura personalizados: unha cunca, libros, un estoxo con lapis de cores e un marcador de páxinas.
Pero como consigo un destes premios?
Os que desexen participar deberán entrar na páxina web www.osbolechaspromocions.com e encher un formulario para contarnos algún dato, curiosidade ou toda a información que coñezan sobre Francisco Fernández del Riego, o autor galardoado polo Día das Letras Galegas.
O prazo para participar no sorteo remata o vindeiro 28 de maio.
Con só participar, entrarase automaticamente no sorteo. O 29 de maio publicarase a listaxe final cos gañadores dalgún destes incribles premios nas redes sociais. A familia dos Bolechas porase en contacto cos gañadores a través de enderezo electrónico para que reciban estes fantásticos agasallos.
Podes seguir toda a información nas redes sociais dos Bolechas de Twitter, Facebook e Instagram.