Os Bolechas van de hotele Os Bolechas dormen na casa dos curmáns son os novos libros en formato clásico que chegarán estes días ás librarías galegas e á tenda online dos Bolechas.
Tras o éxito dos novos títulos en formato clásico editados por Bolanda nos últimos meses, esta semana presentamos dous novos libros: Os Bolechas van de hotel e Os Bolechas dormen na casa dos curmáns. Ambos os dous preséntanse no formato clásico dos contos dos Bolechas, cadrados con tapas duras e imaxes a dobre páxina, e teñen un prezo de 7 euros.
En Os Bolechas van de hotel, Pepe Carreiro narra as peripecias dos irmáns estando de vacacións nun hotel cos tíos Agostiño e Lupa e a curmá Saladina. No hotel hai xente de moitas nacionalidades: alemáns, ingleses, franceses, italianos… e cada un fala no seu idioma. Pero todos se entenden á hora de almorzar no bufete e xogar na piscina do hotel…
Os Bolechas dormen na casa dos curmánstranscorre na aldea onde viven os tíos Lisardo e Camila cos curmáns dos Bolechas: Sarela, Ying e Kofi. Como son moitos a durmir, Sarela decide sacar a tenda de cámping á horta. Mais cando parece que xa están acomodados, aparecen novos compañeiros de acampada…
Ademais da historia, os dous libros inclúen un álbum de toda a familia Bolechas e o plano da casa, ademais de información sobre concursos, aplicacións e produtos online da popular familia. Estes títulos únense aos catro xa publicados na colección Formato Clásico: Os Bolechas van de voda, Os Bolechas van en burro, Os Bolechas van a Lolilandia e Os Bolechas van nunha nave espacial.
Xa á venda
Todos os novos títulos desta colección, incluídos os dous últimos lanzamentos, están xa dispoñibles nas librarías galegas e na Tenda dos Bolechas.