Faite cunha das 14 coleccións de xoias dos Bolechas

Os Bolechas sortean, ata o 4 de novembro, 14 coleccións de xoias dos Bolechas valoradas, cada unha delas, en 100 euros. Participar é moi doado, só hai que seguir as instrucións. 




Os Bolechas sortean estes días un total de 14 coleccións de xoias, dúas de cada un dos sete personaxes principais desta familia que conta cunha lexión de seguidores en Galicia e que a semana pasada presentou a súa nova liña de xoias destinada aos máis novos da casa.

Para optar a unha das 14 coleccións é preciso ser seguidor dos Bolechas en Facebook e seguir unha serie de pasos moi sinxelos. Pódese acceder ao concurso directamente a través do link Enxóiate cos Bolechas ou facelo desde a pestana "Sorteos" que hai en Facebook ou desde o link da páxina web.

Participar é moi doado, só hai que darlle ao botón “Participar no sorteo” e seguir as indicacións: ser fan dos Bolechas, facilitar os teus datos e contarnos que xoia dos Bolechas é a que máis che gusta. Con iso obterás unha papeleta para o sorteo, pero podes conseguir moitas máis publicando o sorteo en Facebook ou Twitter ou logrando a participación dos teus amigos, aos que podes invitar a participar a través das redes sociais, correo electrónico, etc. Cantos máis amigos participen máis rifas conseguirás e... máis opcións de gañar un dos premios!!.

O sorteo, que terá lugar en canto se peche o concurso, o 4 de novembro ás 13.00 horas, farase automaticamente desde o programa utilizado para o concurso. Os gañadores recibirán un correo electrónico anunciándolles a boa noticia, que tamén se dará a coñecer na páxina web dos Bolechas.

As xoias dos Bolechas

A colección completa, elaborada por Fink-orfebres, está composta por 56 deseños diferentes entre aneis, pendentes, colgantes e pulseiras. Todas as xoias están elaboradas en prata de primeira lei e esmaltadas a man en diferentes cores, e contan co certificado de garantía de Galicia Calidade, un selo que se lle dá a produtos que destacan pola calidade dos seus materiais e o coidado da súa elaboración.

O catálogo completo das xoias dos Bolechas pode consultarse en www.osbolechas.gal/xoias e os produtos están dispoñibles nas principais xoiarías galegas.









Arquivos