Os Bolechas visitan Coruña The Style Outlets

Este sábado, 20 de decembro, os clientes do Coruña The Style Outlets poderán coñecer “en persoa” os Bolechas.


19 de decembro de 2014



Os novos Bolechas corpóreos, estreados onte mesmo en Xove, estarán mañá, sábado 20 de decembro no Coruña The Style Outlets, o centro comercial situado xunto ao aeroporto de Alvedro.

Os seis irmáns, xunto co seu inseparable Chispa –máis protagonista que nunca na súa nova pel– chegarán ao establecemento ás 18.00 h e permanecerán alí ata as oito da tarde. Neste tempo saudarán e fotografaranse con todos os que queiran achegarse a saudalos.

Os Bolechas irán nesta ocasión acompañados polo seu R4 e polo fotomatón, que permitirá a todos os que o desexen retratarse cos Bolechas e recibiren a foto no seu correo electrónico, para ter un recordo desta cita.

Unha boa ocasión para ver e tocar Os Bolechas este Nadal. Non faltedes!!









Arquivos