Gaña unha bicicleta cos Bolechas!

Os Bolechas poñen en marcha unha nova iniciativa destinada a todas as persoas que seguen a popular familia. Pola compra de calquera produto, poderán entrar no sorteo de 3 bicicletas!


09 de novembro de 2022



Ata o 31 de xaneiro estará aberto o prazo para participar na nova iniciativa dos Bolechas destinada a premiar a compra de produtos da popular familia. Todas as persoas que merquen un produto dos Bolechas en calquera libraría de Galicia poderán entrar no sorteo de tres bicicletas.

Para iso só hai que completar o formulario da páxina web da promoción, www.osbolechaspromocions.com e adxuntar o tícket de compra no espazo destinado a tal fin.

Na primeira semana de febreiro realizarase o sorteo das tres bicicletas entre todas as persoas que participaran na promoción. Moita sorte!!









Arquivos