Os “novos” Bolechas estréanse en Xove

Este xoves, 18 de decembro, preséntmos en Xove o noso novo libro, Os Bolechas voluntarios en Cervo e Xove. E á cita acudirán os novos bonecos corpóreos!


17 de decembro de 2014



Os Bolechas voluntarios en Cervo e Xove é o título do novo libro dos Bolechas que se presenta este xoves no Pavillón de Deportes de Xove. O conto, escrito e ilustrado por Pepe Carreiro, narra as peripecias dos Bolechas actuando como voluntarios en tarefas de protección medioambiental de igual forma que o fan os voluntarios de Alcoa.

O evento, aberto a todo o mundo, comezará ás 11.00 h e contará coa participación de máis de 300 nenas e nenos dos colexios de Xove, Cervo e San Cibrao, que recibirán cadanseu exemplar do libro e poderán coñecer os novos Bolechas corpóreos, que se estrearán neste acto.

Tampouco faltará o espectacular autobús de dúas plantas con todas as actividades dos Bolechas así como o R4 e a carpa. Na presentación estarán tamén Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, e Bruno Salgado, xefe de Medio Ambiente de Alcoa San Cibrao.









Arquivos